Saturday 11 de May de 2024

Dous xigantes de Castelao e Rosalía de Castro animan en Riveira as Letras Galegas


O programa de actos de conmemoración do Día das Letras Galegas na cidade de Riveira trouxo unha gran novidade. Ademais dos tres obradoiros literarios programados dentro do Maio Cultural para a praza do Concello, as rúas de Santa Uxía contaron coa sorpresiva aparición de dous xigantes coas figuras da parella de escritores máis sobranceiros da nosa literatura: Rosalía de Castro e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.

Esta acción foi posible grazas á xenerosidade do autor das dúas maxestuosas figuras de 3,5 metros de altura, Gonzalo Sarasquete, quen as cedeu gratuítamente ao Concello para poder utilizalas para a ocasión e facer as delicias dos viandantes da urbe.

O alcalde Manuel Ruiz e a concelleira de Educación, Herminia Pouso, estiveron entre os moitos que se quixeron fotografar cos xigantes, ademais de persoeiros como Manuel Ayaso.

As dúas esculturas estiveron un bo rato na praza do Concello, onde moitos nenos estaban a xogar nos tres obradoiros literarios propostos: “O Rato Paco”, “Carrapuchiña Vermella” e “Contos de Estrelas”.